CRTVG

Buscar

Baixa un 10 por cento o número de mortos nas estradas

Publicado o 01/07/2019 18:28

O primeiro semestre do ano pechou con 489 mortas en accidentes en estradas interurbanas. Estas cifras supoñen unha reducción de case o 10 por cento con respecto ao mesmo período do ano pasado, cando se contabilizaron 542 falecidos. A Dirección Xeral de Tráfico fai un balance positivo desta reducción e considera que boa parte do mérito é das medidas postas en marcha pola propia institución. Entre esas medidas están o límite máximo de velocidade nas estradas secundarias a 90 km/h. O director xeral de Tráfico espera que se consolide esa tendencia.

 

Noticias web

01/07/2019