CRTVG

Buscar

Baixa o prezo de máis de 16.000 medicamentos

Publicado o 20/09/2019 21:08

Case 16.500 medicamentos van baixar de prezo. Será a partir do primeiro de novembro. A rebaixa é pola actualización do sistema de prezos de referencia dos fármacos financiados pola sanidade. Algúns dos medicamentos que van custar menos son os que se dispensan acotío nas oficinas de farmacia.

"Entran desde antibióticos bastantes comúns como amoxicilina o azitromicina, tamén antiinflimatorios e antipiréticos como pode ser o ibuprofeno e o paracetamol. Protectores a nivel gástrico como o omeprazol",  di Ana Gago, da farmacia Gago Sampedro.

"Incluso hai baixadas que chegan aos dous euros en algúns medicamentos, non na maioría pero si chegan a dous euros", apunta Jaime Grela da farmacia Álvarez Iglesias.

Con esta rebaixa dos prezos, o Ministerio de Sanidade calcula un aforro de 118 millóns e medio. Deses cartos, máis de cinco millóns repercutirán directamente no peto dos cidadáns. Pero desdes as famarcias apuntan que esta baixada pode agravar o problema de desabastecemento que teñen desde hai meses.

"O prezo cada vez é máis baixo e si que estamos tendo un serio problema de desabastecemento por causa de que os laboratorios ao ser o prezo tan baixo tampouco queren vender despois a España cando noutros países a mesma caixa se cobra a outro prezo", afirma Ana Gago da farmacia Gago Sampedro.

O sistema de prezos de referencia dos medicamentos implantouse en España hai 20 anos co obxectivo de controlar o prezo dos fármacos financiados pola sanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019