CRTVG

Buscar

Baixa lixeiramente a ocupación non hoteleira en setembro

Publicado o 31/10/2019 14:41

Os datos dados a coñecer do mes de setembro poñen de manifesto que a maioría dos viaxeiros que elixiron aloxamentos non hoteleiros foron españois.

En concreto, algo máis 1.300.000 persoas. Outro millón foron residentes non españois da UE e algo máis de 200.000 do resto do mundo.

En Galicia e por sectores, o turismo rural recibiu algo máis de 29.000 persoas, das que 16.500 eran españolas e preto de 13.000 estranxeiras.

Os apartamentos turísticos, cada vez máis en alza, tiveron preto de 20.000 viaxeiros, dos que a inmensa maioría foron cidadáns españois. Os cámpings recibiron máis de 31.000 persoas, pouco máis de 18.000 españolas e preto de 13.000 estranxeiras.

E foi nos albergues onde se recibiu no mesmo periodo máis vaixeiros estranxeiros ca españois.

En total, en toda España houbo no mes de setembro máis de 12.000.000 pernoctacións. Son cifras lixeiramente inferiores, o 1,1%, con respecto a setembro do ano 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019