CRTVG

Buscar

Baixa a demanda dos doces máis tradicionais do outono

Publicado o 12/10/2020 20:31

Non sempre son os doces máis elaborados os que máis gustan. As castañas asadas están á cabeza da lista nesta época do ano. Nas pastelerías, os larpeiros xa pensan na chegada doutros como os bolos de vento e ósos de santo para finais de mes ou filloas e orellas cara ao Entroido.

Con todo, semella que baixa demanda deses doces máis tradicionais. Nas próximas semanas comezaremos a ver xa eses doces tradicionais de todos os santos e tamén outros pensados para celebrar o samaín e atraer os máis novos cara ás pastelerías.

Noticias web

12/10/2020