CRTVG

Buscar

Ayuso cumprirá a orde do Goberno, pero irá aos tribunais

Publicado o 01/10/2020 11:09

B.O.E. publica as restricións de obrigado cumprimento para todos os concellos de máis de 100.000 habitantes cunha elevada incidencia de contaxios.


Son Madrid e outros 9 nove municipios da comunidade. Ayuso confirma que cumprirán a orde, pero que a recorrerán nos tribunais. Di que eses confinamentos selectivos traerán paro e fame.
Dende o dereito administrativo ven lícito o recurso e o debate político sobre os criterios, pero explican que as medidas do Ministerio teñen fundamento legal.


Esa ratificación xudicial, por exemplo para limitar a mobilidade, é un trámite rápido, polo que o peche de Madrid se prevé inminente. Nas rúas piden claridade e din que, economicamente, xa levan meses sufrindo. Algúns barrios tiñan xa restriccións de mobilidade dende hai máis dunha semana, aprobadas polo goberno autonómico.

Noticias web

01/10/2020