CRTVG

Buscar

Axentes da Garda Civil desbotan unha caída accidental da vítima do crime da Esmorga

Publicado o 29/04/2019 14:00

Quinta xornada do xuízo coñecido como o crime da Esmorga. Hoxe pola Audiencia Provincial de Ourense pasaron os axentes encargados das inspeccións oculares e os dous cazadores que atoparon o corpo de Alexandre Boghiu. Nas súas declaracións insistiron en que tanto a casa como o coche foron limpados despois dos feitos e que non era probable que a vítima caera de xeito accidental á canle do río Viñao. 

Foron dous cazadores os que atoparon o corpo sen vida de Alexandru Boghiu no canle do río Viñao o 21 de decembro do ano 2014.

Os acusados insisten en que se tratou dunha morte accidental, pero A Garda Civil relataba hoxe deste xeito o aspecto que presentaba o corpo da vítima no momento da autopsia.

Intentan as defensas demostrar que todo foi un fatal accidente e que Alexandru perdeu a vida no transcurso dunha liorta. A acusación particular e a fiscalía insisten en que foi premeditado.

Axentes da Garda Civil que participaban na investigación insistiron hoxe en varios aspectos: desbotaron que a caída de Alexandru se puidera ter producido de xeito accidental debido a que atoparon restos biolóxicos da vítima na parte superior do valado, e que tanto a casa dun dos acusados, como o coche no que chegaron ata alí sufriron unha limpeza profunda antes da chegada dos investigadores. Tamén que non había restos de sangue no vehículo co que non tiña cabida a teoría de que un dos acusados fora acoitelado no seu interior pola vítima. Ademais, o coche estaba cheo de roupa dun dos acusados, o que apunta a posibilidade de que tivera previsto fuxir. Mañá segue o xuízo coa declaración dos médicos forenses.

Noticias web

29/04/2019