CRTVG

Buscar

Avisos laranxa por temporal na costa galega por ondas de ata seis metros

Publicado o 05/11/2019 15:40

Refachos fortes de vento e ondas que no cabo Vilán case chegaron aos sete metros de altura. Porque o litoral está baixo aviso laranxa dende Estaca de Bares a cabo Silleiro, onde esta mañá atopamos os barcos ao refuxio das illas Cíes e as gaivotas e corvos mariños buscando acubillo en terra. Unha estampa que sempre se traduce na imposibilidade de saír ao mar, polo que practicamente a totalidade da frota permanece amarrada. Porén, a temperatura é agradable e o día invitou a gozar da paisaxe aos da casa e aos de fóra.

Os servizos de emerxencia aconsellan non achegarse ao litoral se non é posible facelo con seguridade. Na Mariña luguesa a situación mellorou e o aviso decretado descendeu a amarelo. Algo parecido sucederá, segundo as previsións, ao longo desta madrugada no resto do litoral galego. Mañá, a situación será de normalidade.

Noticias web

05/11/2019