CRTVG

Buscar

Avisos amarelos en Galicia por fortes treboadas

Publicado o 01/06/2020 13:48

As fortes treboadas regresaron esta noite a Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ten activadas as alertas amarelas para a provincia de Ourense e para o interior das de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Pero as treboadas esténdense tamén pola costa e poderían deixar máis de 20 litros por metro cadrado. Localmente poderían ir acompañadas de sarabia e tormentas eléctricas.

As alertas por precipitacions fortes volven a Galicia co comezo do mes de xuño despois de varios días de calor intensa.

Noticias web

01/06/2020