CRTVG

Buscar

Aviso laranxa por temperaturas de máis de 40 graos en cinco comunidades

Publicado o 07/07/2020 14:53

Cinco comunidades autónomas están en aviso laranxa por altas temperaturas na xornada de hoxe.

Apenas pasaban dous minutos das 11 e media da mañá e en Córdoba xa había que fuxir da intemperie, cos 37 graos que rexistraban os termómetros na rúa. Nesta e noutras seis provincias andaluzas espérase superar hoxe os 40 graos, e mesmo en puntos do val do Guadalquivir poderían rebasar os 42. Así que os traballos no exterior resultan, en días coma hoxe, especialmente penosos. Repartidores, profesionais da hostalaría, traballadores da construción ou de Correos son algúns dos que máis acusan o tempo caloroso.

Hai aviso laranxa tamén por altas temperaturas en Estremadura, nas dúas Castelas e en Madrid, zonas onde igualmente se poden superar os 40 graos. No litoral de levante rebasaranse os 35 graos, pero a proximidade do mar contribuirá a que a calor non sexa sufocante. A excepción está en zonas das Canarias, onde a calima incrementa a sensación de bochorno.

Noticias web

07/07/2020