CRTVG

Buscar

Aviso laranxa por acumulación de neve na montaña de Lugo

Publicado o 14/11/2019 21:01

As zonas de alta montaña da provincia de Lugo non se libran da borrasca Cecilia. Aquí chegou de madrugada e fíxoo xa en forma de neve.

A cota de neve móvese entre os 800 e os 1.000 metros de altitude e os mercurios baixaron ata os menos tres graos nos Ancares. Mantense o aviso laranxa por acumulacións de neve, que poden superar os 30 centímetros de espesor e segue nevando con intensidade.

A neve é incómoda para saír á rúa e moito máis para os que traballan ao volante, entorpecendo as súas xornadas laborais.

O temporal de neve deixou hoxe sen clase máis de 840 alumnos e a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender mañá a actividade lectiva en 15 centros da montaña de Lugo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019