Aviso laranxa no litoral norte e noroeste de Galicia por mor do temporal costeiro
Publicado o 04/11/2020 16:04
Moito coidado se teñen previsto achegarse á costa norte e noroeste. O vento fixo activar unha alerta.
A media tarde actívase o aviso laranxa por temporal costeiro no oeste e noroseste da costa da Coruña.
Vento do nordés con forza 8 que irá aumentando durante o día. A situación manterase, polo menos, ata o mediodía de mañá.
O responsable: un anticiclón centrado en Inglaterra que se xunta cun corredor de aire situado ao oeste de Portugal.