CRTVG

Buscar

Aviso laranxa na costa e amarelo no interior por vento e chuvia

Publicado o 19/10/2020 15:34

O vento e a choiva baten con forza en Galicia. Serán especialmente intensos en todo o litoral atlántico, onde hai aviso laranxa por vento.

Desde as nove da mañá estaba marcado o comenzo do aviso amarelo por chuvia e vento no mar. E desde as doce o nivel laranxa.

É un temporal ligado a Bárbara, unha forte borrasca cargada con moito aire tropical, cálido e humido, por iso as chuvieiras poden ser puntualmente intensas, con refachos de vento de ata 80 quilómetros por hora.

Pero pasarán en poucas horas. O aviso laranxa da costa remata ás seis desta tarde. E o amarelo polas chuvias en terra alongarase ata as nove da noite nas provincias da Coruña e Pontevedra e ata as tres da madrugada na alta montaña de Ourense, onde tamén baterá con forza este temporal de outono.

A mediodía lonxe da costa aínda eran moitos os que aproveitaban para saír estirar as pernas antes de que a chuvia lle augase o paseo.  Na beira do mar a esas mesmas horas xa andaban máis apurados.

"Xa estamos afeitos", din os veciños de Corrubedo. "O malo son os que veñen facer fotos, que pode haber un disgusto; o demais, nada".

Noticias web

19/10/2020