CRTVG

Buscar

Aviso laranxa en toda a costa galega a partir da medianoite

Publicado o 11/12/2019 21:05

A costa coruñesa vai ser das máis castigadas por este novo temporal, motivo polo que xa está activado o aviso amarelo, desde a Costa da Morte, pero estendéndose ata a Mariña luguesa. Na cidade da Coruña, as máquinas seguían traballando esta tarde arreo para refacer a duna, estragada polo anterior temporal, e que protexe da forte ondada o paseo marítimo coruñés.

Carlos García Touriñán, xefe de Protección Civil da Coruña: "E buscando unha dobre finalidade, como xa fixemos nalgunha ocasión, como a construción dun foxo por detrás da duna co fin de que a auga do mar que poida superala caia no foxo e non veña con tanta forza contra o paseo marítimo e así poder garantir e non ter que cortar tanto o paseo marítimo".

A estas horas todos os accesos ás praias están pechados igual que a contorna da Torre de Hércules e haberá un dispositivo especial de portección civil coincidinto coa preamar. A situación do mar vai ir empeorando e a partir das doce da noite activarase o aviso laranxa para toda a costa galega, con ondas que poden chegar aos sete metros, sobre todo na provincia da Coruña.

"Claro xa amarramos agora por culpa diso. Trtoxémolo para aquí para non ter problemas co mar". "Imos parar o tempo dano moi malo, dan catro metro e pico de mar, vento fresco e non vale a pena".

O aviso laranxa prolongarase, segundo as previsións, ata as últimas horas do venres. Esta sistema frontal moi activo, virá acompañado tamén con vento forte e moita chuvia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019