CRTVG

Buscar

Aviso en todo o litoral galego, laranxa na Coruña

Publicado o 20/11/2019 21:28

A situación máis complicada está na zona da Costa da Morte e tamén en toda a costa noroeste da provincia da Coruña. Desde as seis da mañá está activada unha alerta laranxa polo mal tempo no mar, con ondas que alcanzan os 5 e os 6 metros de altura.

En realidade, toda a costa, de norte a sur, está en alerta: nas Rías Baixas e na Mariña é de cor amarela, algo máis suave, pero, aínda así, as ondas alcanzan os catro e cinco metros.

A frota galega está amarrada, e é perigoso achegarse ás zonas onde o mar bate con máis forza. E a situación non mellora: para mañá mantense a alerta amarela en todo o litoral, con mar de fondo e ondas de cinco metros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019