CRTVG

Buscar

Aviso do potencial do Mecalia a unha semana de xogar en Europa contra Aula Valladolid

Publicado o 22/02/2020 21:16

O Mecalia Guardés impúxose ao Aula Valladolid na Sangriña. Foi un partido dominado con autoridade polas guardesas, que xa gañaban por 13 a 8 no descanso. Ao final, a renda foi de 8 goles, 29 a 21. Excelentes sensacións unha semana antes de medirse co mesmo rival na ida dos cuartos de final da Challenge Cup. Será o domingo que vén en Valladolid. Carmen Campos con 8 goles foi a xogadora máis determinante do conxunto galego. 

 

Noticias web

22/02/2020