CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por calor nos concellos bañados polo Miño en Pontevedra e Ourense

Publicado o 05/07/2020 15:09

Dende as tres da tarde está decretado aviso amarelo por calor nos concellos bañados polo Miño tanto de Pontevedra coma de Ourense e tamén no sur desta provincia.

Toda esta zona está baixo aviso amarelo por temperaturas altas ata as nove da noite. Mais hoxe está sendo un día de contrastes porque mentres aquí estamos morrendo de calor, no Norte as temperaturas están a ser moito máis suaves, sobre os 20 ou 21 graos nos concellos do litoral.

Dende Meteogalicia informan de que mañá seguiremos baixo a influencia do anticiclón, pero xa máis pendentes do vento do nordés. De feito, decretouse aviso amarelo pola forza do vento no mar na costa da Coruña, que pode chegar a forza sete. Iso será mañá. Hoxe o que queda nesta zona é seguir gozando ou sufrindo esta calor, segundo se mire.

 

Noticias web

05/07/2020