CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por calor de ata 36 graos e por treboadas

Publicado o 08/07/2020 14:18

Ourense amence suado tras a xornada abafante de onte, con ata 38 graos na cidade e no Ribeiro, e mínimas altas tamén, rozando os 20 graos.

Hoxe, non tanta calor coma onte, pero halle chegar ben. A partir das tres da tarde hai decretado aviso amarelo por máximas de 36 graos na provincia de Ourense e na zona do Miño de Pontevedra.

Aviso por calor pero tamén por treboadas que poden vir con pedrazo no sur e na montaña de Lugo e de Ourense e en Valdeorras. Nas Rías Baixas, se non estorban as brétemas, tarde de praia ideal con 28-30 graos.

Mañá baixarán un chisquiño máis as temperaturas.

Noticias web

08/07/2020