CRTVG

Buscar

Aviso amarelo en puntos de Ourense por altas temperaturas

Publicado o 23/06/2020 14:55

Na auga ou á sombra. Xa de mañanciña en Castrelo de Miño había que gardarse do sol.

"Xa non estou afeito a estas temperaturas, vai bastante calor", dicíannos na praia fluvial. 

Os deportistas madrugaron para adestrar antes de que, como está previsto para esta zona, as temperaturas cheguen a superar os 36 graos.

"Viñemos cedo pola mañá e adestrámonos con boa temperatura, e agora a bañarnos un pouco", contounos unha piragüista.

O mar mantén os termómetros máis a raia no litoral. O norte amenceu con brétemas así que a calor notouse sobre todo no sur, con puntos que puideron superar os 30 graos. En Samil, os bañistas aliviaban a calor na auga cun ollo posto no avance da néboa do mar. 

A previsión é que a bruma gañe terreo e vaia cubrindo toda a costa. A fresca xa se vai notar esta noite, con temperaturas máximas duns 16 graos.

Noticias web

23/06/2020