CRTVG

Buscar

Avión celebra a festa dedicada a México

Publicado o 09/08/2019 14:36

Non chegan a 2.000 as persoas que viven todo ano no concello de Avión. Outras tantas tiveron que deixar a terra na procura de traballo, e a maioría deles volven encher estes días de vida as rúas.

Veñen principalmente de México, onde a unha boa parte destes emigrantes lles foi moi ben nos negocios. Con todo, seguen añorando Galicia.

E vaia se notan que os emigrantes están de vacacións na aldea os poucos negocios que resisten todo o ano.

Hoxe afánanse en Avión en preparar a festa mexicana que se celebra pola tardiña e que sempre se enche. Van xa pola edición número quince, e é unha homenaxe á emigración e á fusión de culturas.

Moitos rematan así, comendo tacos e bebendo tequila a súa estancia estival na terriña, ata o ano que vén.

Noticias web

09/08/2019