CRTVG

Buscar

Avanzan as obras do novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar

Publicado o 14/05/2019 17:46

O novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar estará en funcinamento en menos dun ano. O prazo de execución fixouse no seu día en 16 meses e as obras botaron a andar xa o pasado mes de xaneiro.

Este novo centro de saúde responde á demanda dos veciños do Pereiro de Aguiar, que levaban moito tempo reclamando un novo inmoble ao considerar obsoleto o construído en 1985.

A nova infraestrutura conta cun orzamento de case un millón de euros, contará con catro consultas médicas e tres de enfermería e albergará unha superficie quince veces maior que o anterior.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019