Avalían a seguridade do colexio de Sarria en que apareceron fendas
Publicado o 20/01/2020 14:03
Técnicos da Consellería de Educación avalían a seguridade do colexio Frei Luis de Granada de Sarria ante a aparición de fendas nas paredes.
Como medida preventiva apuntalouse o patio e algúnhas aulas a espera do informe técnico que determine o estado da estructura. Medida que se comunicou previamente a comunidade educativa.
Pero esta mañá, a presenza dos puntais levou o profesorado a suspender as clases. Unha decisión que dividiu aos pais. Mentres a Anpa critica a suspensión outros pais sumaronse ao malestar do profesorado e non deixaron os seus fillos no colexio.