CRTVG

Buscar

Auxiliares do naval solicitan apoio no pleno de Moaña

Publicado o 31/10/2019 20:44

Arestora estase a celebrar un pleno no concello de Moaña onde representantes de auxiliares do naval acoden para pedir apoio pola situación que viven. Van intervir para explicar que se atopan en quebra porque Barreras lles deben máis de seis millóns de euros.

Son 13 os empresarios os que acudiron ao pleno xunto con membros da plataforma pola defensa do naval. Ao final do pleno, a alcaldesa daralles a palabra para relatar a situación en que se atopan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019