CRTVG

Buscar

Autónomos e empresarios valoran como lles afectaría a suba de impostos

Publicado o 13/01/2019 19:26

Neste 2019, o Goberno ten previsto cambios significativos a nivel fiscal e impositivo, uns cambios que acompañarán os novos presupostos xerais do Estado, que aínda están pendentes de ser aprobados. Asociacións de empresarios e de autónomos valoran como lles poderían afectar os novos impostos, entre eles o imposto ao diésel.

Para este ano o Goberno ten previsto cambios no imposto de Sociedades e unha suba do IRPF para as rendas máis altas. Prevense tamén novos impostos sobre a banca e as tecnolóxicas.

Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra di que "a suba do 10 por cento na recaudación é unha suba esaxerada". Outra das novidades tributarias para o 2019, ligadas á aprobación dos Presupostos xerais do Estado, é a chamada ecotaxa que vai afectar directamente ao combustible diésel.

Fermín Albaradejo, vicepresidente da Confederación de Autónomos da CEOE: "A suba do diésel influirá a autónomos e consumidores e ralentizará a economía"

Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra: "Nun territorio como Galicia, periférico, o custo de desprazamento non nos fai competitivos como noutras autonomías".

Desde a Consellería de Economía e Emprego defenden que a industria necesita políticas que melloren a competitividade.

Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Para competir en igualdade de condicións necesitamos un sistema fiscal que se poida adaptar ás necesidades do noso tecido produtivo. Precisamos políticas de investimento, orientadas á innovación, en ningún caso políticas impositivas, sobre todo no eido enerxético".

Noticias web

13/01/2019