CRTVG

Buscar

Autobuses de Madrid atrapados pola neve sufriron actos vandálicos

Publicado o 11/01/2021 16:42

Uns 250 autobuses da EMT quedaron atrapados o venres nas rúas de Madrid. Algúns condutores mesmo tiveron que pasar esa noite nos propios autobuses. E deses 250, sete deles sufriron as consecuencias dos vándalos. Uns apareceron con graffiti, noutros arrancaron os asentos ou romperon os cristais. E nalgún rebentaron as máquinas para validar o abono transporte.

O da Empresa Municipal de Transportes é un dos servizos que aínda están suspendidos como consecuencia da nevarada.

 

Noticias web

11/01/2021