CRTVG

Buscar

Australia consegue deixar a cero os seus contaxios tras aplicar duras medidas

Publicado o 21/01/2021 18:25
Australia consegue deixar a cero os seus contaxios tras aplicar duras medidas

Australia conseguiu esta semana deixar a cero os contaxios por coronavirus en todo o territorio. Levan seis días sen casos, froito, segundo as autoridades, do estrito confinamento que se aplicou cada vez que se detectaba algún gromo.

Australia mantén as fronteiras internacionais pechadas desde marzo do ano pasado. Desde o inicio da pandemia acumula 28.000 contaxios e 900 falecidos.

Noticias web

21/01/2021