CRTVG

Buscar

Aumentou en 2018 o número de estranxeiros que se nacionalizaron españois

Publicado o 04/12/2019 18:54

Un total de 2.373 estranxeiros residentes en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2018. Son datos do Instituto Nacional de Estatística publicados hoxe. Lograron a nacionalidade española 927 persoas máis ca o ano 2017. O maior grupo de estranxeiros en Galicia é do Brasil, Colombia, Perús e Venezuela, por esa orde. No total de España foron 90.000 os estranxeiros nacionalizados españois, case un 50 por cento máis ca en 2017.


 

Noticias web

04/12/2019