CRTVG

Buscar

Aumentan os problemas dermatolóxicos polo uso das máscaras e as luvas

Publicado o 20/05/2020 15:13

Hai varios tipos de máscaras, de diferentes materiais, texturas e usos, pero levar calquera delas durante un tempo prolongado pode provocar e está a provocar xa, segundo os dermatólogos, problemas na pel.

Para minimizar os problemas de pel polo uso de máscaras e luvas, os dermatólogos recomendan evitar a maquillaxe, levar unha hixiene estrita, tratar de retirar as máscaras cando non sexan imprescindibles e utilizar produtos hidratantes como vaselina.

Noticias web

20/05/2020