CRTVG

Buscar

Aumentan os galegos afectados polas tarxetas "revolving"

Publicado o 06/06/2020 14:48


Rapidos, cómodos e case instantáneos. Así son os créditos das chamadas tarxetas revolving, uns produtos que moitos galegos contrataron polas súas facilidades de devolución, pero que non contaban cos altos xuros de interese que supoñían.

A diferenza das tarxetas de crédito, as revolving xeneran unha débeda que se renova continuamente mediante o uso do produto e polos propios intereses, moi altos. Se a cota que se pon para devolvelo é moi baixa, o período de pago, alóngase moito, xerando máis intereses.

Nunha sentenza recente o Tribunal Supremo, que se remontou a un artigo de hai un século, cualificou de usura o tipo de interese que tiña unha destas tarxetas, que chegaba ao vintesete por cento. Abriu así o camiño a denunciar para moitos clientes que non daban saldado a súa débeda malia o pago das cotas.

Para evitar chegar a xuízo, os especialistas recomendan informarse moi ben sobre estes produtos, as cotas e os prazos, antes de contratalos.

Noticias web

06/06/2020