CRTVG

Buscar

Aumenta o número de mozos que piden axuda coa súa adicción ao xogo

Publicado o 26/09/2019 20:36

Medran os casos de adicción ao xogo. Cada vez máis mozos piden axuda. Na provincia da Coruña, por exemplo, a cifra de ludómanos rehabilitados triplicouse nos últimos catro anos. No 2018 a Asociación Agalure atendeu 102 cidadáns fronte aos 22 do 2015. 

Os adictos ao xogo son cada vez máis e máis novos. De feito, unha boa parte dos ludómanos comeza a xogar cando aínda son menores de idade e desde as distintas asociacións critican a falta de información.

Contan que a proliferación de casas de apostas, moitas delas preto de centros educativos, precipitou que cada vez haxa máis xogadores. Na Coruña, por exemplo, a Asociación Agalure atendeu o ano pasado 102 cidadáns fronte aos 33 do 2015.

Unha vez detectado o problema, deséñase un plan de rehabilitación personalizado para cada caso. Precisamente, desde mañá e ata o domingo, A Coruña vai celebrar o vixésimo Congreso Nacional da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados baixo o lema "Previr e concienciar".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019