CRTVG

Buscar

Aumenta o interese en investir en Galicia entre as firmas de capital privado

Publicado o 11/02/2020 15:02

É unha da principais conclusións do informe Retos e perspectivas de investimento en Galicia para 2020, o incremento do interese en Galicia das firmas de capital privado que operan en España. Pero o estudo salienta, ademais, un cambio nos sectores máis atractivos para investir. O da alimentación repite á cabeza, as tecnoloxías da información e a comunicación, as TIC, xa ocupan o segundo posto, seguido da enerxía, antes ao final da lista, e do téxtil.

O informe tamén analiza a opinión das empresas galegas sobre as súas perspectivas de crecemento. A principal conclusión é que as compañías participantes no estudo son optimistas canto á evolución dos seus ingresos. Máis do 63% prevé aumentar o seu volume de negocio durante este ano e só un 5 % cre que diminuirá.

Noticias web

11/02/2020