CRTVG

Buscar

Aumenta a venda de colchóns e sofás, pasamos máis tempo na casa?

Publicado o 03/11/2020 14:07

A pandemia obrigounos a mudar hábitos. Saímos menos e pasamos máis tempo na casa. A consecuencia económica dese cambio de rutinas é a crise de sectores como a hostalería ou o turismo, pero, pola contra, hai outros que se están vendo beneficiados por esta situación, como é o caso do sector do moble. Experimentaron un aumento das vendas inédito.

Aumentou sobre todo a venda de produtos de descanso: sofás e colchóns. A explicación: pasamos máis tempo na casa e tamén aforramos máis.

O aumento da demanda provocou unha maior presión en toda a cadea de produción do sector do moble, ata o punto de que as fábricas non dan abastecido o mercado.

De feito, o tempo de espera para recibir un sofá, por exemplo, duplicouse: se antes o podiamos ter na casa nun mes, agora tarda dous.

Noticias web

03/11/2020