Aumenta a venda de casas con leira pola pandemia
Publicado o 06/11/2020 23:00
Nunha aldea de Coirós, a poucos minutos de Betanzos, está esta antiga casa de labranza. Véndese para ser restaurada e dispón de hórreo, cortes, alboio e un terreo de máis de 4.600m2 que se converteu nun dos seus principais atractivos para os potenciais compradores.
Fuxir das cidades e gozar dunha pequeno terreo ao aire libre tamén incrementou a demanda de parcelas e adosados nesta urbanización do concello costeiro de Miño, a menos de media hora en coche tanto da Coruña como de Ferrol.
As provincias da Coruña e a de Pontevedra concentran seis de cada dez casas a reformar ou rehabilitar á venda en Galicia.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 21:26
25/01/2021 21:24