CRTVG

Buscar

Aumenta a febre polo bambán máis bonito e turístico

Publicado o 20/07/2020 21:31

Se hai uns anos aumentou a febre cal pandemia, polos bancos máis bonitos do mundo, básicamente por estaren situados en outeiros privilixiados dende os que contemplar fermosas paisaxes, agora é a quenda das randeeiras. A un adegueiro da Ribeira Sacra ocorréuselle sacar proveito do seu marco incomparable e pendurou unha corda con asento da pola dunha vella aciñeira. Deu no cravo! Cobra un tanto polo balanceo ao tempo que se desfruta das vistas. Unha oferta turística case tan rendible como o viño que da a viticultura heroica. Da outra beira da fronteira, en Vilanova de Cerveira, tamén pensaron que non hai mellor xeito de observar o pequeno mundo miñoto, que randeándose dende as alturas. E así venden os seus encantos. Son novos xeitos de desfrutar de lugares xa coñecidos, pero cunha ollada distinta, de ir e vir, pendular, adiante e atrás, coma un paxaro a punto de voar....
 

Noticias web

20/07/2020