CRTVG

Buscar

Aumenta a demanda en Galicia de pechaduras e portas antiocupación

Publicado o 19/11/2020 20:42

A alarma social creada por situacións coma esta, coa intervención policial para desaloxar unha vivenda ocupada ilegalmente, está a aumentar a demanda de dispositivos de seguridade para as portas da casa.

Así o certifican os establecementos especializados, que contan con distintas opcións para reforzar a seguridade das casas. Ademais das portas acoirazadas, están tamén as chamadas 'antiocupas'.

"Son unhas portas que non están pensadas para todo o día, están pensadas para unha segunda residencia, esa vivenda en que non estamos habitualmente e que se colocan directamente sobre o marco da porta, soamente estragariamos iso e tamén á xente interésalle moitisimo", explica Susana García

Outro sistema de seguridade son os avisos inmediatos dunha posible intrusión que se poden recibir no móbil.

"Esas chamadas pechaduras antiocupa, que tampouco son pechaduras antiocupas, senón que fan unha función semellante a unha alarma, pero o aviso chégache directamente ao móbil", di Sausana García.

Segundo os datos achegados polo Goberno, Galicia é unha das comunidades onde máis aumentaron as ocupacións ilegais este ano. Entre xaneiro e xuño orexistráronse 79 ocupacións ilegais, fronte ás 59 de 2019.

Noticias web

19/11/2020