CRTVG

Buscar

Aumenta a compra de alarmas e portas acoirazadas

Publicado o 14/07/2020 16:52

Nesta época toca relaxarse, saír máis da casa e mesmo viaxar por períodos longos. O que si que nos esquece é a seguridade do noso fogar. E iso sábeno ben os delincuentes, que aproveitan esta época estival para entrar nos domicilios.

É importante tomar precaucións para evitar sorpresas. Nada de contar que marchamos de vacacións polas redes sociais. De feito, 8 de cada 10 ladróns revisan os perfís das vítimas en redes. Dicirlles aos nosos familiares e amigos que vaian de cando en vez sobre todo a baleirar a caixa do correo e abrir persianas é outra das recomendacións.

Comprobar que as portas e ventás quedan ben pechadas e deixar posta a alarma se se ten. Debemos procurar que non haxa obxectos de valor no fogar, nin xoias nin cartos. Así poderemos irnos de vacacións un pouco máis tranquilos.

Noticias web

14/07/2020