CRTVG

Buscar

Aumenta a compra de adornos de Nadal en plena pandemia

Publicado o 23/11/2020 20:59

Vaian afacéndose á idea. Con covid ou sen ela, dentro dun mes estaremos en pleno Nadal. Nas tendas xa o notan porque a xente quere máis adornos ca nunca. É certo que as tendas están cheas de xente, quizais porque os adornos de Nadal nos dan unha certa dose de alegría.

Está claro que este será un Nadal distinto, pero non temos que resignarnos a que sexa máis triste. Quizais botarlle un pouco de maxia axude a mellorar a realidade.


 

Noticias web

23/11/2020