CRTVG

Buscar

Audasa, condenada a devolver as peaxes que cobrou indevidamente durante as obras de Rande

Publicado o 24/02/2020 19:34

A sentenza acredita que Audasa cobrou indebidamente as peaxes na AP-9 no treito de Rande entre febreiro de 2015 e xuño de 2018, periodo en que se fixo a ampliación da ponte. Di que o servizo non se ofreceu correctamente, e polo tanto cobrar as peaxes supuxo unha situación de abuso. Por iso abre a porta a que os usuarios poidan recuperar os cartos que pagaron.

Diego Maraña, presidente da asociación En Colectivo, di que é "un fito histórico con vistas ao futuro". "A propia sentenza indica que en situacións similares Audasa non poderá cobrarlles aos usuarios cando haxa retencións nas autoestradas", engade Maraña.

O xuíz recoñece un total de 81 incidencias. Pero a demanda abre a porta a que se sumen máis afectados. Para facelo teñen que demostrar que circularon por ese tramo nas dastas e horas sinaladas na sentenza, por exemplo, cun estracto bancario.

Diego Maraña, presidente da asociación En Colectivo asegura que sumarían ese denunciante á demanda colectiva que presentaron, e a partir de aí xa se poderían reclamar as cantidades pagadas, e non só iso, "tamén os xuros de demora desde que se fixo o pagamento".

A sentenza chega quince días despois da celebración do xuízo. Audasa pode presentar recurso.

Noticias web

24/02/2020