CRTVG

Buscar

Audasa alega que non podía baixar as peaxes coas obras en Rande e nega os atascos

Publicado o 11/09/2019 15:43

Audasa basea a súa defensa en negar que houbese atoamentos por mor das obras. Engade que as incidencias na vía eran comunicadas aos condutores nas entradas da autoestrada na páxina web da DXT e que os traballos, que duraron máis de tres anos, eran coñecidos polos condutores. Afirman que en ningún momento a empresa foi advertida polos inspectores de Fomento de anomalías no servizo polo desenvolvemento da ampliación. En Colectivo, unha das agrupacións de consumidores que reclama as peaxes cobradas, ve nas alegacións de Audasa un xeito de ir adiando o proceso.

Juan Camacho, avogado de En Colectivo Balms Avogados: "Nós temos acreditados 202 episodios de atoamentos documentados pola DXT e, con todo, Audasa manifesta que só ten 86 incidencias debidas as obras debidas nese prazo en reforma en ampliación da ponte".

En Colectivo reclama 700.000 euros en 42 denuncias dun total de 200 afectados. Na audiencia previa que terá lugar o 4 de novembro non teñen esperanzas de chegar a acordo. Agora só esperan a data do xuízo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019