CRTVG

Buscar

'Atractor de Aves', unha obra do artista Samuel Catro para observar os paxaros en Cambre

Publicado o 18/01/2019 14:41

En Cambre, no lugar de San Lourenzo, está instalada unha escultura plenamente integrada na natureza.
É unha obra de arte efémera e, segundo o seu autor, Samuel Castro, con ela pretende atraer os paxaros, observar como se comportan e tamén como evoluciona a súa obra.

Atractor de aves. É o nome que o artista coruñés Samuel Castro lle deu a esta escultura formada por unha estrutura metálica e de madeira que soporta o acabado con cortiza de eucalipto. Dentro dos brazos ten un sistema para dispensar alimento aos paxaros.

Samuel Castro. Artista, investigador e profesor de Belas Artes: "Leva unhas baterías e uns programadores e podemos sinalar a qué hora queremos que subministre o alpiste. Pero o asunto é tratar de ver que os paxaros acudan ás horas sinaladas. Non imos variar as horas para observar se se xera o costume nos paxaros."

Está creada para instalar nun ambiente urbano. Pero Castro está contento con ela aquí, ao lado de Cambre, onde foi moi ben acollida polos veciños.
A creación artística é tamén un proxecto de investigación no interese de Castro pola obra efémera e pola interrelación da arte e a natureza. Tamén incluirá un traballo audiovisual sobre o comportamento das aves ante e sobre a escultura.


"Nos temos que renovar a superficie e cubrila con máis cortiza. É o seu encanto fronte a unha escultura perdurable. A nós si que nos interesa medir o cambio nos materias e demais", di o escultor.

A escultura, de 5,70 metros de alta e 2,60 de ancho máximo, está instalada en San Lourenzo, preto de Cambre, pero probablemente acabe no centro da Coruña.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019