CRTVG

Buscar

Atraco á man armada nun local de apostas de Salvaterra

Publicado o 03/04/2019 13:52

Esta mañá, este local de apostas de Salvaterra de Miño abriu as súas portas un pouquiño máis tarde do habitual. Un dos seus empregados aínda se recupera do susto que levou onte cando un home entrou no establecemento á primeira hora da mañá cun pasamontañas na cabeza e armado cunha pistola. Ninguén notou nada estraño.

Non transcendeu a cantidade que o asaltante conseguiu levar. Probablemente, toda a recadación do día anterior. O que si confirmou o empregado, vítima do atraco, é que o home que o intimidou tiña acento portugués.

A proximidade de Salvaterra con Portugal fai sospeitar que o atracador puido fuxir cruzando a ponte internacional cara á outra beira do Miño. Por iso, a Garda Civil alertou as autoridades lusas, que tamén están a colaborar no operativo de busca.

Noticias web

03/04/2019