CRTVG

Buscar

Atracan dous taxistas en Vilagarcía cunha diferenza de doce horas

Publicado o 11/01/2021 14:23

Un atraco a plena luz do día foi o que sufriu un taxista de Vilagarcía tras recoller un cliente nesta parada da rúa Conde Vallellano, no centro da cidade. Tiña uns trinta anos e pediulle que o levase ao Carril. Durante o traxecto pediulle diñeiro ao taxista coa promesa de devolverllo, e este negouse. Foi entón cando o ameazou cun obxecto punzante e condutor non puxo resistencia.

O segundo atraco foi de madrugada, o asaltante ameazou ao taxista cun coitelo e mesmo lle rachou unha roda do coche para roubarlle o diñeiro e o teléfono móbil. Ningún dos taxistas asaltados quedou ferido, pero os compañeiros non están tranquilos e extreman a seguridade.

Malia estes sustos, os taxistas de Vilagarcía recoñecen que non deixan de ser casos puntuais. A Policía Nacional investiga agora a identidade do asaltante, que puido chamar outro taxi a mesma noite para ir a Sanxenxo.

Noticias web

11/01/2021

Máis sobre Vilagarcía de Arousa