CRTVG

Buscar

Atraca un bar en Sarria armado cun desaparafusador

Publicado o 06/09/2019 13:58

Armado cun desaparafusador e ameazando a empregada, así foi como un ladrón atracou un bar de Sarria, do que levou un botín duns 800 euros.

O suceso aconteceu a primeiras horas da mañá, cando a traballadora se dispoñía a preparar a terraza para abrir o bar. Un home coa cara tapada asaltouna no exterior e, tras poñerlle o desaparafusador na cara, levouna ata a caixa rexistradora. Alí, colleu o diñeiro que tiñan para o cambio e os fondos dunha peña e fuxiu.

Afortunadamente, a muller non quedou ferida, pero si tivo que ser atendida por un ataque de ansiedade. A Garda Civil xa está a investigar os feitos.

Noticias web

06/09/2019