Atopan unha parella de estranxeiros morta na súa vivenda en Motril
Publicado o 28/01/2021 08:00
A Policía Nacional investiga as circunstancias en que faleceu unha parella que atoparon morta na súa vivenda en Motril, Granada. Foi a empregada dunha cafetería a que alertou de que había tempo que non os vía.
A policía encontrou os cadáveres enriba da cama e en avanzado estado de descomposición. Eran estranxeiros e tiñan 80 e 66 anos.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 16:09