CRTVG

Buscar

Atopan un home morto na presa de Cecebre, en Cambre

Publicado o 27/08/2019 11:54

Atopan un home morto na presa de Cecebre, en Cambre

O corpo sen vida dun home foi localizado esta mañá no encoro de Cecebre, no concello coruñés de Cambre, segundo informa o servizo de urxencias 112. Efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil recuperaron o cadáver, que apareceu contra as 11 da mañá.

Foi un particular o que deu aviso cando advertiu que había un corpo aboiando no encoro. Segundo parece, trátase dunha persoa maior, que non presentaba síntomas de rixidez, o que fai pensar que non levaba moito tempo na auga.

Nestes momentos estanse a investigar as causas da morte. A Garda Civil fíxose cargo do caso.