CRTVG

Buscar

Atopan o home desaparecido en Baleira

Publicado o 04/08/2020 13:55
Atopan o home desaparecido en Baleira

Suspenderon a busca do home que levaba desaparecido desde o venres en Baleira. Segundo algunhas testemuñas, foi visto en bares de Meira, onde dixera que só quería que o deixasen en paz.

Álvaro Pin desapareceu de xeito voluntario e agochouse na serra de Marronda, un lugar de moita vexetación e orografía complicada que o home coñece á perfección, polo que puido eludir todo o dispositivo de busca que se desenvolveu ao longo de tres días.

Algúns veciños aseguran que non era a primeira vez que o home fuxía do seu domicilio. Fontes dos servizos de emerxencias laiáronse hoxe de que Pin xogase con eles ás agachadas durante toda a fin de semana.

Noticias web

04/08/2020