CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dunha nena abrazada a súa nai na súa vivenda en Bilbao

Publicado o 17/01/2019 08:44
Atopan o cadáver dunha nena abrazada a súa nai na súa vivenda en Bilbao

O corpo sen vida dunha nena de nove anos foi achado xunto a súa nai, que se atopa hospitalizada en estado grave, no seu domicilio do barrio bilbaíno de Atxuri, onde a Ertzaintza atopou sinais de criminalidade.

Fontes da policía vasca informaron de que unha irmá maior da pequena atopou a ambas sobre as dez da pasada noite na vivenda, na rúa George Steer de Bilbao. A nai atópase ingresada no hospital de Basurto en estado grave, segundo as mesmas fontes, que non facilitaron máis datos sobre o suceso, á espera de que avance a investigación.

Noticias web

17/01/2019