CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dunha muller con signos de violencia nun contedor en Alacante

Publicado o 17/02/2020 18:52

• Confirman que foi degolada


O cadáver da muller achado este luns nun contedor subterráneo en Moraira (Alacante) estaba envolto nunha colcha, rodeado de bastante sangue e presentaba signos de violencia, segundo informaron a Efe fontes próximas á investigación. O corpo sen vida foi atopado esta mañá por operarios do servizo de recollida de lixo. Outras fontes próximas ao caso sinalaron a Efe que a muller tiña uns 40 anos, aínda que precisaron que de momento non foi identificada.

O contedor onde foi descuberto o cadáver está situado nunha zona residencial da citada localidade. Ata ese lugar, desprazáronse axentes da Policía Local, a Garda Civil, un médico forense e a autoridade xudicial. O instituto armado abriu unha investigación para determinar as causas da morte

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020