CRTVG

Buscar

Ouro negro en Viana do Bolo

Publicado o 06/02/2020 15:05

• Extraen coltan da mina de Penouta

Esta é a vella mina de Penouta, en Viana do Bolo. Investigadores do CSIC acaban de desenvolver un procedemento para recuperar estaño dos seus residuos. E da escoura resultante, volven extraer niobio e tántalo. Estes dous metais son os máis valorados pola industria tecnolóxica. Mesturados, coñécense co nome de coltan. E precísanse para fabricar teléfonos móbiles e a maioría dos dispositivos electrónicos que nos rodean. É tan valioso que xa lle chaman ouro negro.

Esta mina é xa única en Europa. E convértese nunha grande esperanza para a comarca. Os expertos cren que ten reservas suficientes para poder explotala durante uns 40 anos.

Noticias web

06/02/2020