CRTVG

Buscar

Atopan morto no interior do seu camión en Vilaboa un transportista que estaba desaparecido

Publicado o 28/10/2020 14:25
Atopan morto no interior do seu camión en Vilaboa un transportista que estaba desaparecido

A Garda Civil atopou morto no interior do seu camión en Vilaboa un transportista que estaba desaparecido.

A empresa á que pertencía alertou de que non daba sinais de vida dende o luns. A Garda Civil rastrexou os últimos lugares en que estivera e comprobou que realizara unha parada en Vilagarcía. Varias patrullas buscaron o camión ata que foi localizado na estación de servizo de San Simón, na autoestrada AP-9.

Todo apunta a que o home, de 43 anos, morreu por causas naturais.

Noticias web

28/10/2020