CRTVG

Buscar

Acusan de asasinato un dos detidos tras a desaparición de Janet Junillas

Publicado o 08/05/2019 20:19
Acusan de asasinato un dos detidos tras a desaparición de Janet Junillas

Os Mossos d'Esquadra traballan coa hipótese de que Janet Jumillas, desaparecida en Viladecans desde hai case dous meses, está morta.

Despois de rexistrar a casa dun dos dous detidos, aseguran que atoparon restos orgánicos que apuntan a unha morte violenta e que incriminan directamente o home no crime.

O detido, coñecido de Janet, pasará mañá a disposición xudicial, acusado dun delito de asasinato.

Hai outro home arrestado, pero non se sabe aínda a súa implicación no caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019